1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: obra de reforma e ampliación do IES Armando Cotarelo Valledor.
b) Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
c) Prazo de execución: tres (3) meses.
d) Clasificación: grupo: non se exixe. En substitución da solvencia, os licitadores poderán presentar a seguinte clasificación: grupo C, categoría d.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 15 e 16 do cadro de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
a) Valor estimado: 472.171,23 €.
b) IVE: 99.155,96 €.
c) Importe total: 571.327,19 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.
5. Garantía provisional.
a) 9.443,42 € (2 % do importe do orzamento base de licitación, IVE excluído).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Teléfono: 981 54 44 55.
d) Poderanse consultar e/ou obter o prego de cláusulas administrativas particulares e o correspondente cadro de especificacións, así como a información relativa a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22994
7. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria