Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2015 pola que se modifica a Resolución do 30 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada en dez (10) lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente, da realización de rutas de transporte escolar do IES de Cacheiras (Teo), CEIP Alborada (A Coruña), IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela), CEIP Xuño (Porto do Son), CEIP Plurilingüe O Mosteirón e IES O Mosteirón (Sada) durante os cursos escolares 2015/16 e 2016/17.

Como consecuencia da corrección de erros efectuada no prego de cláusulas administrativas particulares correspondente á contratación documentalmente simplificada en dez (10) lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente, da realización de rutas de transporte escolar do IES de Cacheiras (Teo), CEIP Alborada (A Coruña), IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela), CEIP Xuño (Porto do Son), CEIP Plurilingüe O Mosteirón e IES O Mosteirón (Sada) durante os cursos escolares 2015/16 e 2016/17 (DOG núm. 126, do 7.7.2015)

1. Faise público o contido da corrección no perfil do contratante (enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22977 .

2. Modifícase o punto 7. Presentación das ofertas da Resolución do 30 de xuño de 2015, que queda como segue:

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do día 20 de xullo de 2015.

Se o último día deste prazo cadra en sábado, o Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia permanecerá aberto ata as 14.00 horas.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: o sinalado nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.”

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

P.S. (Resolución do 2.7.2015)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos