De conformidade co disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.
As resolucións obxecto de notificación ditounas o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación do conselleiro.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.
A citada dirección xeral ten a súa sede en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.
Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
Persoa interesada: Caridad Barcia Ben.
Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).
Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.
Persoa interesada: Jaime Manuel Rodríguez Gómez.
Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).
Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.