Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28699

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 513/2014 BC).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 513/2014 BC

Xulgado de orixe/autos: demanda 356/2010 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Servizo Público de Emprego Estatal

Recorridos: Laboratorios Diasa Pharma, S.A., Beatriz Pérez Louro

Avogado: Fernando Escariz Fernández

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 513/2014 desta sección, seguido por instancia do Servizo Público de Emprego Estatal contra Laboratorios Diasa Pharma, S.A., Beatriz Perez Louro, sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que estimamos o recurso de suplicación formulado polo Servizo Público Estatal de Emprego contra a sentenza ditada o 25 de agosto de 2013 polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela en autos número 356/2010, sobre prestación de desemprego, seguidos por instancia de Beatriz Pérez Louro contra a recorrente, contra Laboratorios Diasa Farma, S.A., e con revogación da dita resolución desestimamos a demanda reitora dos autos e, en consecuencia, absolvemos os demandados das pretensións na súa contra deducidas.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Laboratorios Diasa Pharma, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xuño de 2015

A secretaria xudicial