Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28701

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (433/2014).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 433/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Abel Corredoira contra Autotracción Lugo, S.L., Fermotor, S.L., Autotracción Bierzo, S.L., Lesauto, S.L., Astur Leonesa de Automoción, S.L., Prinlecar, S.L., Asturdiesel, S.L.U., Prinsa Motor, S.L., Astur Leonesa del Motor, S.L., Talleres La Serna, S.L., Portillo Motor, S.L., a administración concursal de Autotracción Lugo, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por José Abel Corredoira, asistido polo letrado Sr. Varela López, contra Autotracción Lugo, S.L. (administrada concursalmente por Manuel Castro Soilán), Fermotor, S.L., Autotracción Bierzo, S.L., Lesauto, S.L., Astur Leonesa de Automoción, S.L., Prinlecar, S.L., Asturdiesel, S.L.U., Prinsa Motor, S.L., Astur Leonesa del Motor, S.L., Talleres La Serna, S.L. e Portillo Motor, S.L., ningún dos cales compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno solidariamente as citadas empresas demandadas a aboar ao demandante a cantidade de 6.793,09 euros, que devindicará os xuros moratorios especificados no fundamento de dereito quinto da presente resolución.

As cantidades a cuxo pagamento foron condenadas as empresas demandadas serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que se é o caso lle afecten.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Prinsa Motor, S.L., Autotracción Bierzo, S.L. e Portillo Motor, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 15 de xuño de 2015

O secretario xudicial