Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28702

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 127/2015).

Execución de títulos xudiciais 127/2015

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 313/2014

Sobre despedimento

Demandante: Mónica Gudín Graña

Demandada: Callidora Aesthetic, S.L.

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 127/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Gudín Graña contra Callidora Aesthetic, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Mónica Gudín Graña coa empresa Callidora Aesthetic, S.L., e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome da traballadora: Mónica Gundín Graña.

Indemnización: 7.011,45 euros (sete mil once con corenta e cinco euros).

Salarios: 11.803,40 euros (once mil oitocentos tres con corenta euros).

Falta de aviso previo: 591 euros (cincocentos noventa e un euros).

E para que sirva de notificación en legal forma a Callidora Aesthetic, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 17 de xuño de 2015

O secretario xudicial