Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28698

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 1 de xullo de 2015 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas de profesor contratado doutor.

Aprobada a oferta de emprego público para o ano 2015, por Resolución do 18 de marzo de 2015 e modificada por Resolución do 26 de maio.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril); na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que por Resolución do 1 de xullo de 2015 se convoca un concurso para a provisión de cinco (5) prazas de profesor contratado doutor.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC, na Reitoría (rúa da Maestranza, nº 9), na Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n), así como na páxina web da Universidade http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de xullo de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña