Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28193

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1795/14 IP).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1795/2014 desta sección, seguido por instancia de Beatriz Pérez Louro, María Esther Barreiro Nogareda, Soledad Felisa Anguiano Igea, José Manuel Castillo Navarro, María Laura Neira Carbajales, Pablo Cebey Quintáns contra Fogasa, Laboratorios Diasa Pharma, S.A., administración concursal de Laboratorios Diasa Pharma, S.A. (Alejandro Alvargonzález Tremas), administración concursal Laboratorios Diasa Pharma, S.A. (Paulino González Canseco), administración concursal Laboratorios Diasa Pharma, S.A. (Alberto Martín Baragaña sobre Fondo de Garantía Salarial, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Beatriz Pérez Louro, María Esther Barreiro Nogareda, Soledad Felisa Anguiano Igea, José Manuel Castillo Navarro, María Laura Neira Carbajales contra a sentenza do xulgado do social número tres de Santiago de Compostela, en xuízo seguido por instancia dos recorrentes contra o Fogasa e a empresa Laboratorios Diasa Pharma, S.A. e os administradores concursais Beatriz Pérez Louro, María Esther Barreiro Nogareda, Soledad Felisa Anguiano Igea, José Manuel Castillo Navarro, María Laura Neira Carbajales, a Sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 20000 80 ó 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza en que se arquivará neste tribunal e incorporarase o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza. Seguen as sinaturas e a publicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Laboratorios Diasa Pharma, S.A. na actualidade en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xuño de 2015

A secretaria xudicial