Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28191

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2895/2013-AN).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2895/2013 AN

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1123/2012 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial)

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Vivendas Comunitarias Galiza, S.L., Mutual Midat Cyclops, María Concepción Valenzuela Álvarez, Leida Rosario Azuaje Linarez, Blanca Callejo Ibáñez, Rocío Cameselle Martínez, Sandra María Costales Rodríguez, María del Mar Vázquez Gudes

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), José Luis Feijoo Borrego, María Teresa Pereira Garrido, (…), (…), Birino Marcos Baamonde, (…), (…)

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 2895/2013-AN, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Vivendas Comunitarias Galiza, S.L., Mutual Midat Cyclops, María Concepción Valenzuela Álvarez, Leida Rosario Azuaje Linarez, Blanca Callejo Ibáñez, Rocío Cameselle Martínez, Sandra María Costales Rodríguez, María del Mar Vázquez Gudes, sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou con data 5 de xuño de dous mil quince a seguinte resolución, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, na representación que posúe do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza de data dezasete de abril de dous mil trece, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, en autos seguidos por instancia da Mutua de Accidentes de Trabajo Midat Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Vivendas Comunitarias Galiza, S.A., Leida Rosario Azuaje Linarez, María Concepción Valenzuela Álvarez, Blanca Callejo Ibáñez, Rocío Cameselle Martínez, Sandra María Costales Rodríguez e María del Mar Vázquez Guedes, sobre reintegro de gastos de asistencia sanitaria e prestacións de incapacidade temporal -accidente de traballo-, debemos confirmar e confirmamos a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).»

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Vivendas Comunitarias Galiza, S.L. e Sandra María Costales Rodríguez, ambos os dous en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na r/ Estrada, Canido, 89, Vigo, e Teixerugas, 11, P. 4, Vigo, respectivamente, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial