Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28195

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5724/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

«Que no procedemento recurso de suplicación 5274/2014 desta sección, seguido a instancia de Campus na Nube, S.L. (antes Tórculo Artes Gráficas, S.A.), Tórculo Artes Gráficas, S.A. contra Fogasa, Randstad Empleo ETT, S.A. subrogada Laboram-antes Vedior, Fotocopias Maxin, S.L.U., Unidixital, S.L., Beatriz Allo Recarey sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaría xudicial María Isabel Freire Corzo.

Na Coruña, 27 de maio de 2015.

O anterior escrito subscrito polo letrado Manuel Lobato Iglesias únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense ás demais partes para que se acudan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese acudida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi recorrida en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asino. Dou fe.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxim, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Coruña, 16 de xuño de 2015

A secretaria xudicial