Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28197

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1569/2014).

Divorcio contencioso 1569/2014

Procedemento de orixe: divorcio mutuo acordo 1569/2014

Sobre: divorcio contencioso

Demandante: Ángel Rodríguez Mouzo

Procuradora: Teresa Rama Rivera

Avogada: Mónica Iglesias Ríos

Demandada: Leiliane Araújo dos Santos

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento de divorcio contencioso seguido por instancia de Ángel Rodríguez Mouzo fronte a Leiliane Araújo dos Santos ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 311/2015.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio número 1569/2014, promovido pola procuradora Sra. Rama Rivera, en nome e representación de Ángel Rodríguez Mouzo, asistido da letrada Sra. Iglesias Ríos fronte a Leiliane Araújo dos Anjos, maior de idade, citada en autos, declarada en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio.

Decisión.

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Rama Rivera, en nome e representación de Ángel Rodríguez Mouzo, asistido da letrada Sra. Iglesias Ríos fronte a Leiliane Araújo dos Anjos, maior de idade, citada en autos, declarada en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes en data 12.5.2012 en Santiago de Compostela, inscrito no Rexistro Civil desa localidade ao tomo 110, páxina 251 por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas deste proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito previsto na D.A. 15º da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: unha vez lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe.

E encontrándose o dito demandado, Leiliane Araújo dos Santos, en paradoiro descoñecido, expídese o presente eicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

A secretaria xudicial