Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28199

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (DIH 304/2013).

José Lloves Forneiro, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LEC por medio presente cítase a Concepción Alén Pérez co fin de que asista á xunta convocada para o día 23 de xullo de 2015, ás 10.00 horas, na súa condición de parte demandada, coa advertencia de que se non acode sen mediar causa xustificada terá lugar a vista sen a súa presenza.

O Carballiño, 15 de xuño de 2015

O secretario xudicial