Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28200

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e dilixencia (ETX 145/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 145/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Lestón Lariño contra Monte Louro Pro Cons Servi, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Auto.

Maxistrada xuíza.

Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Pablo Lestón Lariño solicitou a execución da Sentenza núm. 93/2015 do 17 de marzo, ditada por este órgano xudicial no procedemento DSP 695/2014 contra Monte Louro Pro Cons Servi, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado, corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 CE e artigo 2 LOPX).

O artigo 237.2 LXS establece que a execución de sentenzas firmes será levada a cabo polo órgano xudicial que coñeceu do asunto en instancia, polo que corresponde a este Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e, unha vez iniciada, tramitarase de oficio ditándose para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 LXS).

Terceiro. Tendo transcorrido o termo establecido no artigo 279 LXS sen que conste que a empresa demandada procedese á readmisión do traballador no prazo e condicións legalmente previsto, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 LXS, despachar execución do resolto en sentenza e que a secretaria xudicial sinale a comparecencia.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Pablo Lestón Lariño contra Monte Louro Pro Cons Servi, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a secretaria xudicial sinalará data para vista do incidente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no art. 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de dous mil quince.

Tendo presentado o traballador Pablo Lestón Lariño exixencia do cumprimento polo empresario Monte Louro Pro Cons Servi, S.L. da obrigación de readmisión, e téndose despachado auto de execución de 16.6.2015, de conformidade ao art. 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia ás partes e ao Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se tenten valer, e fixo o próximo día 14.7.2015 ás 13.00 horas para a celebración da comparecencia.

Se non asistir o traballador ou persoa que o represente, terase por desistido na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do demandada Monte Louro Pro Cons Servi, S.L. por medio de edictos, tendo en conta que se acha en ignorado paradoiro.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Monte Louro Pro Cons Servi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015

A secretaria xudicial