Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28033

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (345/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 345/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis González Blanco contra Andor Acústica, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Declárase a falta de competencia territorial deste xulgado para coñecer do presente procedemento ordinario número 345/2012, seguido por instancia de José Luis González Blanco contra Andor Acústica, S.L. e Fogasa; previndo a parte demandante que será competente para coñecer da demanda o Xulgado do Social de Toledo a que por quenda corresponda, ante o cal deberá presentar a demanda se ao seu dereito conviñer; e, en consecuencia, sen entrar a coñecer do fondo do asunto, desestímase a demanda que deu lugar á incoación do procedemento.

Notifíqueselles ás partes e ao Ministerio Fiscal a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.1, 191.3.e) da LRXS).

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Andor Acústica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

A secretaria xudicial