Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28028

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 109/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 109/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Traballo y Enfermedades Profesionales número 201 contra Practica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L. sobre seguridade social, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

Antecedentes de feito:

Único. A Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 201 presentou escrito solicitando a execución da Sentenza 574/2014, do 23 de decembro, ditada por este órgano xudicial no procedemento de seguridade social 416/2011 contra Practica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e que se debe despachar de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e a solicitude de execución presentada, a cantidade por que se despacha execución é de 1.430,63 euros de principal (dereito de repetición da mutua executante contra as mercantís executadas) e de 143,06 euros en concepto provisorio de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se producirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumpra na súa integridade a obrigación, se se apreciar falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se de incumprir a obrigación de manifestar bens ou se se ocultaron elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal pagadoiro en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprir na súa integridade a obrigación exixida contida no título, incluído no caso de execución en diñeiro o aboamento dos xuros procesuais, se procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedou constituído ou, se for o caso, desde que a obrigación declarada no título executivo for exixible, non se lle imporán as custas da execución que se soliciten, en aplicación do establecido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, a secretaria xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeneral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución de título xudicial a favor da parte executante, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 201, contra Practica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L., parte executada, polo importe de 1.430,63 euros de principal, máis outros 143,06 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan producirse durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada mediante edictos que se publicarán no DOG tendo en conta que as executadas se encontran en ignorado paradoiro, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorreu a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pago ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta número 0049 3569 9200 0500 1274, indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código “30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

Antecedentes de feito:

Único. Nas presentes actuacións foi ditado auto despachando execución a favor de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 201 contra Practica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L. pola cantidade de 1.430,63 euros de principal, máis outros 143,06 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, a secretaria xudicial responsable dela ditará decreto en que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens, e as medidas de localización e investigación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que deba facerse ao debedor nos casos en que o estableza a lei; ditándose de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir as executadas Practica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L. co fin de que no prazo de 10 días aboen a cantidade de 1.430,63 euros de principal, máis outros 143,06 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0109 15), con apercibimento de que, en caso de non cumpriren o requirimento no prazo conferido, procederase ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, precedendo investigación dos bens a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Practica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L., a fin de que no prazo de 10 días manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 aberta no Banco Santander, S.A., indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Practica Solar, S.L., Eficiencia Medioambiental, S.L., AA Solar Fotovoltaica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

A secretaria xudicial