Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28026

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (559/2014).

Procedemento ordinario 559/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Ana María Rey Radio

Avogada: Lourdes Piñeiro González

Demandado: Texguesa, S.L., Fogasa

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 559/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Rey Radio contra a empresa Texguesa, S.L., se ditou a seguinte sentenza, cuxa decisión se xunta:

Que estimo a demanda interposta por Ana María Rey Radio fronte á empresa Texguesa, S.L. e condeno a demandada a que lle aboe a aquel a seguinte cantidade: 9.235,74 euros, máis 10 % de xuro por mora ex artigo 29.3 do ET, no que se refire ás cantidades de natureza salarial.

Coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, deberá anunciarse dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza e deberá consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso consignar na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, aínda que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Texguesa , S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de xuño de 2015

A secretaria xudicial