Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28034

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 76/2015).

Execución de títulos xudiciais 76/2015

Procedemento de orixe: seguridade social 1326/2011

Sobre seguridade social

Demandante: Mutua Midat Cyclops

Avogada: María Blanca Fernández-Chao González-Dopeso

Demandados: Instituto Nacional da Seguridade Social, Carmela Teresa Paredes Sanabria

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña) fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 76/2015, a instancia de MC Mutual Midat Cyclops contra a executada Carmela Teresa Paredes Sanabria, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 12 de xuño de 2015, decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia parcial, por importe de 299,53 euros de principal, máis 32,61 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015

A secretaria xudicial