Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27822

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO de notificación de auto (F04 992/14).

Peza de medidas provisorias coetáneas 992/2014 0001

Procedemento de orixe: divorcio contencioso 992/2014

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Olga Vidal Caramés

Procurador: Pedro Andrés Barral Vila

Avogado: Antonio Pérez-Bello Fontaíña

Demandado: José Javier Porto Dios

No procedemento de referencia foi ditado auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Por todo iso, acórdanse con carácter provisorio as seguintes medidas que rexerán as relacións entre ambos os dous cónxuxes e cos tres fillos, sendo dous deles menores de idade:

1. A separación dos cónxuxes e o cesamento da presunción de convivencia conxugal.

2. Quedan revogados os consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes tiver outorgado a favor do outro, co que cesa a posibilidade, salvo pacto en contrario, de vincular os bens privativos do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

3. Atribúese á nai, Olga Vidal Caramés, a garda e custodia dos fillos menores Alberto e Alex, sen prexuízo da patria potestade compartida.

4. Atribúese á nai e fillos en cuxa compañía quedan o uso da vivenda e o enxoval familiar.

5. Establécese a favor de José Javier Porto Dios un réxime de visitas amplo e flexible que non se concreta e que se desenvolverá en función da vontade, horarios e ocupacións dos fillos menores de idade e do pai.

6. Como contribución aos alimentos do pai para os fillos do matrimonio, aboará a cantidade de 400 euros mensuais polos tres fillos, que se actualizarán automaticamente conforme a elevación do IPC que publique o INE ou organismo oficial que o substitúa e ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe. Igualmente, o pai farase cargo do 50 % dos gastos extraordinarios que se produzan, incluíndo expresamente os gastos médicos ou farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social, gastos odontolóxicos e oftalmolóxicos. Os devanditos gastos extraordinarios precisarán de acordo previo.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso ningún, conforme o artigo 773.3 da nova Lei de axuizamento civil.

Así o dispoño, mando e asino por este o meu auto».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Javier Porto Dios, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 8 de xuño de 2015

O/a secretario/a xudicial