Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27820

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (873/2013).

Procedemento ordinario: 873/2013

Procedemento orixe: /

Sobre outras materias

Demandante: Aniceto Pereira Pereira

Procurador: José Manuel Lema Maquieira

Avogado: Enrique Alfredo Costas Mira

Demandado: Gumersindo Carramal López

Adriana Álvarez Gorgojo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, certifico que no procedemento ordinario 873/2013 seguido por instancia de Aniceto Pereira Pereira contra Gumersindo Carramal López, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Sentenza: 23/2015.

Pontevedra, vinte e tres de febreiro de dous mil quince.

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, tendo visto os presentes autos de xuízo ordinario nº 873/2013, seguido por instancia de Aniceto Pereira Pereira, representado polo procurador José Manuel Lema Maquieira e defendido polo letrado Enrique Alfredo Costas Mira, contra Gumersindo Carramal López, en situación procesual de rebeldía, ditou, en nome de S.M. El Rei, o seguinte

Resolvo:

Que debo estimar a demanda presentada polo procurador José Manuel Lema Maquieira, en nome e representación de Aniceto Pereira Pereira, contra Gumersindo Carramal López, en situación procesual de rebeldía e, en consecuencia, debo condenar a Gumersindo Carramal López a elevar a público o contrato privado de compravenda do 22 de novembro de 2001, que tivo por obxecto os seguintes inmobles:

“Vivenda en construción sita no segundo andar do edificio situado en Pontevedra, rúa Alemania nº 56, cunha superficie de noventa e catro metros cadrados, distribuída en 3 cuartos, 2 baños, cociña, salón comedor e vestíbulo; linda, norte, rúa Alemania; sur, muro; este, parcela M5-61; e oeste, parcela M5-59.

Anexos: ten como anexo unha praza de garaxe situada no soto, aínda que de momento non está concretada a súa situación”.

A elevación a público realizarase na data que ambas as dúas partes acorden e, de non ser posible o acordo, fixarase un prazo para o outorgamento en execución de sentenza ou, de ser necesario, día e hora.

As custas procesuais impóñense á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de apelación, que se formalizará por escrito ante este xulgado dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito da cantidade de 50 euros na conta de consignacións e depósitos deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E encontrándose o devandito demandado, Gumersindo Carramal López, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 23 de abril de 2015

A secretaria xudicial