Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27818

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (174/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 174/2014 desta sala, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Antracitas de Rengos, S.A., Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Tráfico e Enfermidades Profesionais de SS nº 274, María Argimira Gil Cao sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo INSS contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número dous de Lugo, con data do 4 de outubro de 2013, en autos 994/2012, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución recorrida.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en forma legal a Antracitas de Rengos, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2015

A secretaria xudicial