Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27824

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (452/2014).

Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 452/2014

Sobre alimentos provisionais

Demandante: Cristiana Somoza Torres

Procuradora: Olga Casablanca García

Demandado: Nicolae Muresan

Gema Antolín Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Cristiana Somoza Torres fronte a Nicolae Muresan ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolución.

Estimo a demanda interposta pola procuradora Olga Casablanca García, en nome e representación de Cristina Somoza Torres, contra Nicolae Muresan, en rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal, e acordo a adopción das seguintes medidas:

1. A filla menor, Andrea Cristiana Muresan, continuará baixo a garda e custodia da nai, Cristina Somoza Torres, á que se atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade, mantendo a titularidade da patria potestade en ambos os dous proxenitores.

2. Non se establece a favor do proxenitor non custodio réxime de visitas.

3. Nicolae Muresan deberá aboar, desde o 9 de maio de 2014, en concepto de alimentos da filla menor a suma de 150 euros ao mes, que deberá satisfacer dentro dos cinco primeiros días de cada mes, mediante ingreso na conta corrente designada pola nai. A devandita cantidade revalorizarase anualmente elevándose na mesma proporción que experimente o índice de prezos de consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa, producíndose a primeira elevación ao ano da entrada en vigor destas medidas.

Respecto dos gastos extraordinarios da filla, serán aboados por metade por ambos os proxenitores, estimando como tales os médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social.

Dada a natureza do presente procedemento non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes e ao Ministerio Fiscal, ás que se advirte que contra esta cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo, e asínoo.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada polo maxistrado-xuíz que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nela indicados. Dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Nicolae Muresan, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial