Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27826

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas

EDICTO (140/2012).

Ana María Pazos Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas, polo presente edicto anuncia que no presente procedemento ordinario 140/2012 seguido por instancia de Iglesias Morrazo, S.A., representada polo procurador Sr. Maquieira, fronte a Felicidad Boschetti Tineo, a xuíza Sonia Mª Platas Seoane ditou sentenza o 1 de outubro de 2013, cuxa resolución é a seguinte:

«Estímase a demanda interposta por Iglesias Morrazo, S.A. fronte a Felicidad Boschetti Tineo e, en consecuencia, declárase resolto o contrato subscrito polas partes o 30 de agosto de 2004 e o seu anexo do 27 de decembro de 2004, e condénase a parte demandada ao pagamento á demandante da cantidade de 20.959,77 euros, cos xuros legais, e ao pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse no prazo de 20 días recurso de apelación do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra».

E encontrándose a devandita demandada, Felicidad Boschetti Tineo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Cangas, 29 de maio de 2015

A secretaria xudicial