Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27827

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (30/2012).

Procedemento ordinario 30/2012

Procedemento orixe: monitorio 30/2012

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Banque PSA Finance Holding

Procuradora: Elena Montáns Argüello

Avogado: Cándido Francisco Rivera

Demandado: Benito Prado Falcón

Mª Carmen Fernández Santiago, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, certifica que no procedemento ordinario 30/2012 seguido ante este xulgado recaeu a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 101/2014.

Vilagarcía de Arousa, 23 de setembro de 2014.

Vistos e examinados por Sandra Iglesias Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, os autos de xuízo ordinario, sobre reclamación de cantidade, seguidos co número 30/2012 por instancia da entidade Banque PSA Finance, representada pola procuradora Sra. Montáns Argüello e asistida polo letrado Cándido Francisco Rivera, contra Benito Prado Falcón, declarados en rebeldía procesual, dos que resultan os seguintes,

Decido que estimo substancialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Montáns Argüello, e en consecuencia, condeno a Benito Prado Falcón a pagar á demandante a cantidade de 7.918,14 euros, máis os xuros devindicados conforme o establecido no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

Impoño as custas deste procedemento á parte demandada.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, de conformidade co establecido nos artigos 455.1 e 458 e seguintes da LAC.

O devandito recurso non será admitido se non se deposita na conta de depósitos e consignacións deste xulgado a cantidade fixada na disposición adicional quinta da Lei orgánica do poder xudicial, modificada pola Lei orgánica 1/2009.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, Benito Prado Falcón, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 21 de maio de 2015

A secretaria xudicial