Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27655

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3556/2013 MDM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3556/2013/MDM

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 210/2013 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Manuel Cameselle González

Avogada: Elvira Landín Aguirre

Procurador: Javier Garaizabal García de los Reyes

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Louriña, S.L., Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Cristina Gloria González de la Rasilla

Procuradora: María Fara Aguiar Boudin

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3556/2013 desta sección, seguido por instancia de Manuel Cameselle González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151 e a empresa Louriña, S.L., sobre accidente, se ditou sentenza con data 24 de marzo de 2015 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que considerando o recurso de suplicación interposto pola letrada Elvira Landín Aguirre, actuando en nome e representación de Manuel Cameselle González, contra a sentenza de data vinte e catro de maio de dous mil trece, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos 210/2013 seguidos por instancia da recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales Mutua Asepeyo, declaramos que a continxencia correspondente á incapacidade temporal iniciada polo demandante o día 3 de agosto de 2008 é a de accidente de traballo ao ser unha recaída da finalizada o 19 de xullo de 2008, con orixe no accidente sufrido polo demandante o 28 de abril de 2012 e condenamos as referidas codemandadas a estar e pasar polo anterior pronunciamento e a Mutua Asepeyo ao aboamento da correspondente prestación, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS e TXSS.

Mantense a libre absolución da empresa Louriña, S.L.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Louriña, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xuño de 2015

A secretaria xudicial