Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27653

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 2274/2013 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2274/2013 CG

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 948/2010 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrentes: Ernesto Rodríguez Castro, José Manuel Martínez Merelles, Juan Ángel Botana Calvo, Manuel Pulleiro Becerra, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes, Juan Luis Cruces Rodríguez

Avogado: Ramón Quintela Miramontes

Procurador: Gabriel Arambillet Palacio

Recorrida: Viproga, S.A.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2274/2013 desta sección, seguido por instancia de Ernesto Rodríguez Castro, José Manuel Martínez Merelles, Juan Ángel Botana Calvo, Manuel Pulleiro Becerra, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes, Juan Luis Cruces Rodríguez, contra Viproga, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto por Ernesto Rodríguez Castro e outros declaramos a nulidade da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela do 22 de xaneiro de 2013, co fin de que se dite outra na cal, con liberdade de criterio, se dea resposta a todas as cuestións formuladas no escrito de demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Viproga, S.A. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na vía Edison Polígono del Tambre, Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de xuño de 2015

A secretaria xudicial