Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27657

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1558/2015 RJ).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1558/2015

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 719/2014 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Ramón Balsa Domínguez

Avogada: Rosa María Vila Amarelle

Recorridos: Fogasa, Estructuras Metálicas Gallegas, S.L.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1558/2015 desta sección, seguido por instancia de Ramón Balsa Domínguez contra o Fogasa, Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., sobre resolucion de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«A Sala acorda anular as actuacións do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela nos autos 719/2014 sobre extinción de contrato, e repoñer os autos ao momento da presentación do escrito de desistencia da parte demandatne, co fin de que o xulgado de instancia proceda a acordar o procedente sobre a dita desistencia presentada pola parte demdandante o 28 de febreiro de 2015.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición ante esta sala no prazo de cinco días, e expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, logo de devolución dos autos ao xulgado do mercantil de procedencia.

Así, por este auto, o pronuncian, mandan e asinan, comigo, secretario da Sala, que dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2015

A secretaria xudicial