Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27659

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2664/2013 MFV.A).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2664/2013 MFV.A

Xulgado de orixe/autos: demanda 948/2009 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Universidade de Santiago de Compostela

Avogado: Emilio Carrajo Lorenzo

Recorridos: Fogasa, Zimmer, S.A., María Teresa Silva Rivera, Sulzer Orthopedics Ibérica, S.A.

Avogados: letrado Fogasa Mª Rosa Gutiérrez / edicto DOG (Sulzer)/ Matías Movilla García (Sra. Silva)

Procuradores:(…) / (...) / José Antonio Castro Bugallo

Mª Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2664/2013 MFV.A desta sala, seguido por instancia da Universidade de Santiago de Compostela contra Fogasa, Zimmer, S.A., María Teresa Silva Rivera, Sulzer Orthopedics Ibérica, S.A., sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Emilio Carrajo Lorenzo, actuando en nome e representación da Universidade de Santiago de Compostela, contra a sentenza de data 26 de novembro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, posteriormente aclarada por auto de data 9 de xaneiro de 2013, ditados ambos os dous en autos 948/2009, seguidos por instancia de María Teresa Silva Rivera contra a recorrente, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a que se recorre. Impónselle á recorrente o aboamento dos honorarios do letrado impugnante do recurso que se fixa no importe de 601 €. Déase aos depósitos e consignacións o destino legal oportuno. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar: o depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste. Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++). Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Sulzer Orthopedics Ibérica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2015

A secretaria xudicial