Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27377

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 122/2014).

Gema Antolín Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Pontevedra, anuncio que no presente procedemento, seguido por instancia de Pablo Vidal Rodríguez contra Francisca Carballa Pintos foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvo estimar a demanda presentada polo procurador Ricardo Canedo Iglesias, en nome e representación de Pablo Vidal Rodríguez contra Francisca Carballa Pintos, en rebeldía procesual, e en consecuencia declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día 15 de outubro de 1994, matrimonio que foi inscrito no tomo 84, páxina 91 da sección 2ª do Rexistro Civil de Poio, con todos os efectos legais que a devandita declaración leva consigo. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tiveren outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal, mantendo as medidas definitivas acordadas por sentenza do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Pontevedra do 15 de abril de 2003, en autos de modificación de medidas 480/2002.

Todo isto sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao rexistro civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Poio.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse dentro dos cinco días seguintes á súa notificación ante este xulgado e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nela indicados. Dou fe».

E encontrándose a dita demandada, Francisca Carballa Pintos, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial