Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27379

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1551/2014).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento de divorcio se ditou a seguinte sentenza do teor literal seguinte:

Vigo, 28 de abril de 2015.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo e o seu partido viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1551/2014 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Lucía Expósito Pérez, representada pola procuradora dos tribunais Rosa de Lis Fernández e con asistencia letrada de Manuel Arias Santos, contra Lucas Noel Céspedes Jiménez, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais De Lis Fernández, en nome e representación de Lucía Expósito Pérez contra Lucas Noel Céspedes Jiménez, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado os referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E para que conste e sirva de notificación a en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 10 de xuño de 2015

A secretaria xudicial