Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27381

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (561/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 561/2012 por instancia de Miguel Ángel García Trigo contra a empresa CTM Montajes, S.L. , o administrador concursal da citada empresa e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 3 de xuño de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo.

Estimo parcialmente a demanda formulada por Miguel Ángel García Trigo, contra a empresa CTM Montajes, S.L. e a administración concursal da citada empresa e condeno a entidade CTM Montajes, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 4.017,83 €.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa CTM Montajes, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial