Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (103/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 103/2013, por instancia de Mutua Gallega contra Incogal, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 21 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Mutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Incogal, S.L. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Incogal, S.L.a aboar a Mutua Gallega, como responsable directo, a cantidade de setecentos noventa e un euros con trinta e tres céntimos (791,33 euros), con responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social respecto dos gastos por asistencia sanitaria, por importe de catrocentos setenta e tres euros con noventa e cinco céntimos (473,95 euros) para o caso de insolvencia da anterior.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Incogal, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de xuño de 2015

A secretaria xudicial