Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (955/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 955/2012 por instancia de Aurelio González Romar, Antonio Manuel López Arela, Pedro Platas Gayoso, Santiago Grela López e Fernando Naya Sánchez contra a empresa Fachadas Ventiladas Perpiano, S.L. Unipersonal e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 26 de maio de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Aurelio González Romar, Antonio Manuel López Varela, Pedro Platas Gayoso, Santiago Grela López e Fernando Naya Sánchez fronte á empresa Fachadas Ventiladas Perpiaño, S.L. Unipersonal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Fachadas Ventiladas Perpiaño, S.L. Unipersonal a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

● A Aurelio González Romar, a cantidade de 7.215,74 euros.

● A Antonio Manuel López Varela, a cantidade de 7.915,40 euros.

● A Pedro Platas Gayoso, a cantidade de 7.753,59 euros.

● A Santiago Grela López, a cantidade de 7.990,19 euros.

● A Fernando Naya Sánchez, a cantidade de 7.638 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente no goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E, para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Fachadas Ventiladas Perpiano, S.L. Unipersonal expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de xuño de 2015

A secretaria xudicial