Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27386

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1005/2013).

Ana María Navarro Gomez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1005/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Moure Ramos contra Escayolas Gasamáns, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014.

Maxistrada xuíza que o dita: Susana Villarino Moure.

Antecedentes de feito:

Único. A parte demandante presentou escrito de rectificación ao considerar que existe un erro na parte dispositiva da sentenza que fai referencia a outra persoa distinta do demandante no procedemento.

Fundamentos xurídicos:

Único. O artigo 214.3 da LAC, de aplicación supletoria, permite rectificar un erro material manifesto en calquera momento.

Da lectura da sentenza despréndese efectivamente o que é un mero error material. Consta nas actuacións, mesmo no encabezamento da sentenza e nos feitos probados, o nome do demandante no presente procedemento que, porén, por un simple erro material non figura na resolución, polo que procede a súa rectificación.

Parte dispositiva:

Rectifico o erro existente na sentenza ditada nos presentes autos, de forma que na resolución da sentenza, onde di «condeno a Escayolas Gasamáns a pagar a Pablo Gondelle Peña», debe dicir «condeno a Escayolas Gasamáns a pagar a Javier Moure Ramos».

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso, sen prexuízo dos que poidan interpor contra a resolución rectificada.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas para a súa unión coa sentenza rectificada e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Escayolas Gasamáns, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial