Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27375

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO de notificación de auto (1283/2014).

Medidas provisionais previas á demanda 1283/2014

Procedemento orixe: /

Sobre alimentos provisorios

Demandante: Jackeline Angélica da Silva Cao

Procuradora: Francisca María Rodríguez Ambrosio

Avogado: Antonio Calvar Carballo-Pérez

Demandado: Rafael Ferreira Campos

Gema Antolín Pérez, secretaria xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra,

Anuncio:

Que no presente procedemento MPD 1283/14 seguido por instancia de Jackeline Angélica da Silva Cao contra Rafael Ferreira Campos foi ditado auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Por todo iso, acórdanse con carácter provisorio as seguintes medidas que rexerán as relacións entre ambos os proxenitores e coa filla menor da parella:

1. Atribúese á nai Jackeline Angélica da Silva Cao a garda e custodia da filla menor, Esther Victoria Cao Campos, a quen se lle atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade.

2. Como contribución aos alimentos do pai para a filla menor de idade, aboará a cantidade de 100 euros mensuais que se actualizarán automaticamente conforme a elevación do IPC que publique o INE ou organismo oficial que o substitúa e ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe. Igualmente, o pai farase cargo do 50 % dos gastos extraordinarios que se produzan en atención aos menores, incluíndo expresamente os gastos médicos ou farmacéuticos non cubertos pola SS, gastos odontolóxicos e oftalmolóxicos.

As medidas acordadas na presente resolución quedarán sen efecto se, dentro dos trinta días seguintes á notificación desta resolución, non se acredita ter presentado a demanda de garda e custodia do fillo menor.

Lévese testemuño desta resolución ao procedemento principal, unha vez admitida a demanda.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso ningún, conforme o artigo 771.4 da nova Lei de axuizamento civil.

Así o dispoño mando e asino por este meu auto».

E encontrándose o devandito demandado, Rafael Ferreira Campos, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 8 de xuño de 2015

A secretaria xudicial