Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24118

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (159/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 159/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Apolinar Juan Veras Plasencio contra Birlo, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou sentenza número 152 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza

En Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os autos 159/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Apolinar Juan Veras Plasencio, asistido polo letrado José Ignacio Lorenzo Rubín contra Birlo, S.L., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza

(…)

Resolvo

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Apolinar Juan Veras Plasencio contra Birlo, S.L. e condeno a esta última a aboar ao demandante 10.718,89 euros, importe respecto do cal devindicará os xuros do artigo 29.3 do ET a suma de 7.840,74 euros. Condeno o Fogasa a aterse a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Birlo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2015

A secretaria xudicial