Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24116

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (196/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela fai saber que nos autos de execución 196/2014 seguidos neste xulgado, sobre reclamación de cantidade, por instancia de José Antonio Antelo Núñez contra Nova Albariza, S.L. e Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en reclamación de 8.922,54 euros de principal, máis 892,25 euros que se calculan para xuros, gastos e custas, se acordou por resolución do día da data sacar a pública poxa polo prazo de vinte días os bens embargados á parte executada, que logo se indicarán, e sinalar para a celebración da poxa o día 21 de xullo de 2015 ás 13.15 horas, na planta 2ª do Edificio dos Xulgados, sita na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, rexéndose esta polas seguintes condicións:

A) Que os licitadores, a excepción do executante, para tomar parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado, na conta de Depósitos e Consignacións deste xulgado, referencia número 5076-0000-64-0196-14 no Banco Santander, o 5 %, do valor do vehículo para os efectos de poxa, devolvéndose as cantidades, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento a disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consignase o resto do prezo, debendo consignar así mesmo no devandito xustificante se, se é o caso, recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

B) Que poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, facéndose o depósito ao que se fixo mención anteriormente, cuxos sobres serán abertos ao inicio da poxa, producindo os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

C) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores, podendo mellorar as ofertas que se fixesen, sen necesidade de consignar cantidade ningunha.

D) Que poderán facerse ofertas superiores ao 70 % do valor do vehículo para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

E) Para o caso de que se fagan ofertas que non superen o 50 % do valor de taxación ou que non cubran, polo menos, a cantidade pola que se despachase execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

F) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

G) A certificación rexistral e, se é o caso, a titulación do ben que se poxa estarán de manifesto na secretaría deste xulgado.

H) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

I) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e que, polo só feito de participar na poxa, o licitador os admite e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicase ao seu favor.

J) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado, publicarase no DOG e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existentes e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación para todos os efectos ás partes.

Bens obxecto de poxa:

1º. Vehículo matricula 5414 DHN, titularidade de Nova Albariza, S.L., marca Ford, modelo Festa, tipo turismo, con data de matriculación: 18.3.2005.

Taxación para poxa: 1.900 euros.

O vehículo encóntrase depositado no depósito municipal de Noia sito en Portobravo.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2015

A secretaria