Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24114

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (964/2014).

Despedimento obxectivo individual 964/2014

Demandante: Patricia Álvarez López

Demandados: Pescados Juan Fernández, S.L.U., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Diego Comendador Alonso

Edicto (964/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 964/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Álvarez López contra a empresa Pescados Juan Fernández, S.L.U., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Diego Comendador Alonso, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolvo:

1º. Que debo estimar e estimo a demanda interposta por instancia de Patricia Álvarez López, representada polo letrado Sr. Alfonso López, contra Pescados Juan Fernández, S.L. (en situación de concurso de acreedores; o administrador concursal é Diego Comendador Alonso) e Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada ao extinguir a relación laboral con data da sentenza, e condeno a demandada ao aboamento da indemnización detallada no ordinal segundo desta resolución (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa).

2º. A indemnización, segundo o disposto no punto anterior, sería de 14.876,94 €.

3º. Condeno a empresa demandada a que lle aboe á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 52,99 €/día, o que dá a cantidade de 13.247,5 euros.

4º. Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte, ou do seu avogado ou representante, dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2015

A secretaria xudicial