Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24113

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (643/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 643/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Carmen Seoane Rodríguez contra a empresa Pedra Salgada, S.L., Ana Belén Mourelle Rial, Samuel Isidro Branduas Fernández, Limpiezas Branduasmourelle, Samuel Ana Branduas Mourelle, Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido:

Que desestimo a demanda interposta por Carmen Seoane Rodríguez, contra Pedra Salgada, S.L., Ana Belén Mourelle Rial e Samuel Isidro Branduas Fernández, e Fogasa; con absolución dos demandados de todas as peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Samuel Isidro Branduas Fernández, a Limpiezas Branduasmourelle e a Samuel Ana Branduas Mourelle, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2015

A secretaria xudicial