Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento das autorizacións administrativas para a distribución de gas natural canalizado en varios núcleos de poboación.

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), cada unha das catro solicitudes de autorización administrativa de instalacións de distribución de gas natural que se relacionan no cadro seguinte inician o seu correspondente trámite de competencia.

Datos das solicitudes:

Empresa solicitante: Gas Galicia SDG, S.A.

Contido de cada solicitude: autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado en núcleo de poboación.

Tipo de instalación: rede de distribución de gas natural.

Denominación de cada un dos proxectos: proxecto de autorización administrativa para a distribución de gas natural en núcleo de poboación.

Provincia

Núcleo de poboación da rede de distribución

Sistema de subministración da rede de distribución

Data da solicitude

1

A Coruña

Malpica de Bergantiños

Planta de GNL

13.5.2015

2

Ponteceso

3

Lugo

Becerreá

4

Pontevedra

A Cañiza

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, co seguinte obxecto:

– Que outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con algunha destas solicitudes de Gas Galicia SDG, S.A.

– E que a empresa Gas Galicia SDG, S.A. poida completar, se o considera oportuno, as súas solicitudes.

O trámite de competencia de cada unha destas solicitudes resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas