Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015. da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello das Somozas (expediente IN407A 2015/25-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construcción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Somozas Valorización de Lodos-Biogás, S.L.

Domicilio social: estrada Marván-Seixas, p.q. 15, polígono industrial As Somozas, 15657 As Somozas.

Denominación: LMT de 20 kV, CS e CT de 630 kVA.

Situación: estrada Marván-Seixas, p.q. 15. polígono industrial As Somozas, 15667 As Somozas.

Características técnicas: LMTS 20 kV, RHZ1-2OL(S) 12/20 kV-3×150 mm2 Al 819 m da liña de distribución de UF LMT SOM802 ao CS; 37 m do CS ao CT N-1; 306 m do CS ao CT N-2. Centro de secionamento e medida compañia/abonado en edificio prefabricado monobloque CS da compañia que contén 3 celas de liña; centro de proteción e medida do cliente que contén 1 cela de proteción xeral,1 cela de medida, 1 cela de remonte, 2 celas de liña a trafos CT N-1 e CT N-2. Dous CT (CT N-1 e CT N-2) en edificio prefabricado monobloque de 630 kVA, aislamento aceite mineral, relación de transformación 20 kV/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxia e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuizo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuizo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 26 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña