Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2015/33-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilo social: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: modificación CT Fraguas.

Situación: O Carballiño.

Características técnicas:

Modificación CT Fraguas (32C221-expte. 3112 AT) en planta baixa edificio con dotación de novas celas (2L+1P) compactas con illamento en SF6, de 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 7.759,30 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 20 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense