Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (147/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral número 147/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Caamaño González contra Miguel Carro Araújo, Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato interpuxo José Manuel Caamaño González contra o empresario individual Miguel Carro Araújo e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a José Manuel Caamaño González co empresario individual Miguel Carro Araújo no día de hoxe (20 de maio de 2015), condenando ao empresario individual Miguel Carro Araújo ao aboamento dunha indemnización de 879,88 euros.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo José Manuel Caamaño González contra o empresario individual Miguel Carro Araújo e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Miguel Carro Araújo a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.758,08 euros brutos, polos salarios devindicados entre o 6 de agosto de 2014 e o 20 de maio de 2015, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma ao empresario individual Miguel Carro Araújo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de maio de 2015

A secretaria xudicial