Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23522

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (29/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 29/2013 por instancia de Mutua Gallega contra a empresa Victoria, C.B., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 12 de maio de 2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido.

Estímase a demanda interposta por Mutua Gallega fronte á empresa Mutua Gallega e ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Victoria, C.B. a aboarlle á Mutua Gallega, como responsable directo, a cantidade de novecentos corenta e dous euros con dez céntimos de euro (942,10 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Victoria, C.B. expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de maio de 2015

O secretario xudicial