Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23521

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1302/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1302/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Campos Bello contra Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte parte dispositiva na sentenza deste procedemento:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante José Manuel Campos Bello, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.227,76 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A. expido esta para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 25 de maio de 2015

A secretaria xudicial