Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (222/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 222/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estela Tradacete Agreda contra Fondo de Garantía Salarial, Lap Services For Telecom, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Estela Tradacete Agreda contra a entidade Lap Services For Telecom, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Lap Services For Telecom, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.223,38 euros brutos, polos salarios devindicados entre marzo e abril de 2013, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 115,54 euros por indemnización de fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lap Services For Telecom, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de maio de 2015

A secretaria xudicial