Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23059

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (93/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 93/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva María Roca Santiuste contra Fondo de Garantía Salarial, Rialtex sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Eva María Roca Satiuste contra Rialtex, S.L., en relación coas cantidades reclamadas entre agosto de 2012 e xaneiro de 2013, ao estimarse a concorrencia da excepción de incompetencia de xurisdición alegada polo Fogasa e, en consecuencia, debo declarar incompetente por razón da materia para coñecer a citada reclamación, sinalando que a xurisdición competente para iso é a xurisdición civil/mercantil.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Rialtex, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2015

A secretaria xudicial