Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (216/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 216/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Fuentes Monteagudo contra a empresa Obrastone, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar a executada Obrastone, S.L.U. en situación de insolvencia por importe de 4.541 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) En canto sexa firme, inscríbase no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Obrastone, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de maio de 2015

A secretaria xudicial