Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (909/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 909/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Seselle Balcells contra Alfa Instant, S.A. e Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo José María Seselle Balcells contra a entidade Alfa Instant, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Alfa Instant, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 17.142,37 € líquidos por salarios devindicados entre decembro de 2013 e agosto de 2014, así como gastos de xullo de 2014, a razón de 1.514,25 euros, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2015

A secretaria xudicial