Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23057

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (736/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 736/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Nieves Montero Gómez contra Automatismo y Reparaciones Elca, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Juan José González García sobre reclamación de cantidade, se ditou o seguinte auto de aclaración de sentenza:

Que son procedentes as correccións expostas nos razoamentos xurídicos (concepto da cantidade obxecto de condena e orde dos empregadores nos feitos probados primeiro e segundo da sentenza), polo que a resolución queda como segue:

«Que estimando a demanda interposta pola demandante, debo condenar e condeno a mercantil Automatismos y Reparaciones Elca, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 8.090,25 euros en concepto de indemnización, e absolvo a Juan José González García dos pedimentos realizados na súa contra».

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso.

Así o dispón, manda e asina a maxistrada-xuíza substituta deste xulgado, Carmen Sangiao Pereira .

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Automatismo y Reparaciones Elca, S.L. e ao seu representante legal Juan José González García, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese aos destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de maio de 2015

A secretaria xudicial