Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1229/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1229/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paola Nicol Vidal Troncoso contra María José Mella Noya sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento interpuxo Paola Nicol Vidal Troncoso, contra a empresaria individual María José Mella Noya e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 12 de decembro de 2014 e, ademais, extinguida a relación laboral que vinculaba a Paola Nicol Vidal Troncoso coa empresaria individual María José Mella Noya, no día de hoxe (4 de marzo de 2015), condenando a empresaria individual María José Mella Noya, ao aboamento dunha indemnización a razón de 7.699,17 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Paola Nicol Vidal Troncoso contra a empresaria individual María José Mella Noya e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresaria individual María José Mella Noya a que aboe á demandante a cantidade de 4.443,08 € brutos por salarios devindicados entre outubro e decembro de 2014, a compensación económica polas vacacións non desfrutadas do ano 2014, e os quince días de salario por falta de aviso previo, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada María José Mella Noya -Cafetería Restaurante La Maripepa, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de maio de 2015

A secretaria xudicial